Pequenos e maiores, protagonistas das primeiras accións da Cruz Vermella Cee
06:53 26/11/18
Imaxe da inauguracion da Cruz Vermella en Cee-Foto-Rafa Quintans
Un par de meses despois de estrear a nova sé en Cee, a Cruz Vermella xa está a pleno rendemento para reforzar a atención aos colectivos vulnerables. Así, as primeiras actividades van dirixidas aos grupos sociais en dificultade social, tanto maiores coma nen@s.
Por unha banda, a sé de Cruz Vermella en Cee vai a impartir, entre o 26 de novembro e o 12 de decembro, un curso de manexo de smartphones para persoas maiores. En concreto, a acción formativa vaise a desenvolver en dúas sesións semanales, que terán lugar os luns e os mércores de 16:00 a 17:30 horas.
Esta iniciativa se engloba no marco da actuación con persoas maiores de Cruz Vermella, que ten por obxectivo favorecer que os maiores poidan seguir desenvolvendo a súa vida na súa propia contorna e domicilio.