Venres. 30.10.2020
El tiempo

Piden que se convoque a comisión de seguemento do covid19 en Cee

Imaxe dun pleno de Cee
Imaxe dun pleno de Cee
Piden que se convoque a comisión de seguemento do covid19 en Cee

Este pasado venres tivo lugar un novo pleno bronco en Cee, sobre todo por mor dun asunto sobre o polideportivo de Brens que implica ao Arzebispado.

O pleno, do que se espera a súa publicación no Youtube municipal, aprobaba por unanimidade unha proposta presentada polo BNG para solicitar que non se peche o Istituto Social da Mariña de Corcubión.

O BNG, e tamén o PP, preguntaban en pleno pola “Comisión Especial Post Desescalada Covid-19”. Aprobada en xuño, por agora só se convocou unha reunión celebrada o pasado 20 de xullo. De aí que ambos grupos pedisen de novo unha nova convocatoria, para reunirse polomenos unha vez ao mes.
“Non pode ser que se forme unha comisión para convocala tan só unha vez, coa que está caendo, e que sexa para informar das festas”, declarou Serxio Domínguez Louro, portavoz do Bng de Cee.
A alcadesa Margarita Lamela non confirmou a convocatoria.

Na sesión de rogos e preguntas o BNG indiciu na petición de manter unha reunión coa empresa de desguace de barcos que se vai instalar no porto de Brens, unha petición semellante á que a propia Lamela lle realizara ao ex alcalde Ramón Vigo cando era unha empresa de tubaxes a que se ía instalar na ría.

Igualmente os grupos preguntáronlle á alcaldesa por que non acode ás novas concentracións dos traballadores de XEAL.

comentarios