Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O BNG pide que os postos de traballo da nave despezamento de barcos do porto de Brens sexan locais

Porto de Brens-Foto-Rafa Quintans
Porto de Brens-Foto-Rafa Quintans
O BNG pide que os postos de traballo da nave despezamento de barcos do porto de Brens sexan locais

Ante o anuncio a semana pasada da chegada dunha empresa de despezamento de barcos ao porto de Brens, o BNG local solicita, “en aras de poder ter coñecemento amplo do proxecto e das consecuencias sociais que poda traer consigo, que se poña en contacto coa xerencia da empresa para xestionar unha reunión informativa co pleno da corporación”.

O BNG entende que “é importante que transmitamos a empresa a necesidade de que os postos de traballo queden aquí, e non ocorra como cos traballos de estiba no porto, onde as empresas traen traballadores doutros portos (Marín e Ferrol, maioritariamente), mentres se deixou morrer o emprego público de estibadores do que é responsable a Xunta de Galicia”.

Novas relacionadas

Comentarios