Piden aproveitar as subvencións en aforro enerxético para o Parque Empresarial de Cee


Segue o Polígono Empresarial de Cee sen moita actividade. A empresa Pública SEA realizou unha rebaixa do 15% no prezo das parcelas, lonxe dos entre 20% e 45% que ofrece a Xestur noutros polígonos. Dende o grupo da oposición do BNG de Cee critican que o goberno ceense só está “preocupado por facer campaña” e non se está a “preocupar polo futuro a medio e longo prazo, e en facer de Cee un concello económicamente viable”.
Se ben non é o mellor exemplo, despois de criar silveiras durante máis de anos, o BNG apunta que nos útimos días vimos como o goberno de Vimianzo, do BNG, remataba a colocación de tres aeroxeradores que van alimentar as farolas do polígono industrial. Unha obra, subvencionada polo INEGA (Instituto Enerxético de Galicia), que vai supoñer un importante aforro as arcas municipais soneiráns, dado que os numerosos puntos de luz do parque dependerán en exclusiva dos muiños xeradores.
Por iso critican que “dende o goberno do noso concello non se tivera feito o mesmo, solicitar a mesma subvención, tendo en conta ademais a idéntica cor dos gobernos da Xunta e de Cee”.
Novas relacionadas
- O presunto trato de favor con Mercandona en Cee chega ao Parlamento.
- Importantes rebaixas para as parcelas dos polígonos de Carballo, Ponteceso e Santa Comba.
- 24-09-14: Máis rebaixas para ocupar o Polígono de Vimianzo.
- Un partido de pádel no polígono de Vimianzo.
Fonte
- BNG de Cee.