Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Piden que o Concello de Cee abandone a Neria

Piden que o Concello de Cee abandone a Neria
As Oficinas da Neria sempre estiveron en Cee As Oficinas da Neria sempre estiveron en Cee

Non serían os primeiros. A lo menos 5 concellos xa non forman parte da Asociación Neria, esa entidade supramunicipal que xestionou os fondos europeos durante máis de 20 anos na Costa da Morte. O último en intentalo, o Concello de Fisterra, pero a moción non saíu adiante.

Desta volta é en Cee, onde a Neria sempre tivo máis peso, onde piden que o Concello abandone a entidade. É o BNG local o que insiste en que é “unha entidade de carácter privado, á que hai que recoñecer que por un tempo mantivo unha función recoñecida e valiosa (…), pero que na actualidade é coñecida como ente que persiste a duras penas, que se resiste a desaparecer, en situación de quebra económica e técnica e imposibilitada para cubrir cos obxectivos orixinarios polos que se constituíu e traballou durante anos”.

Considera o BNG de Cee que “con tódalas dificultades polas que atravesa foise producindo a súa descapitalización e desmantelamento técnico, e orixinando que o seu principal cometido, a xestión de determinados elementos patrimoniais (museos comarcais, oficinas de información turística, dependencias de faros, etc) entrara nunha situación de empeoramento e xeralizada desatención, levando incluso a pechar varios destes recintos durante períodos prolongados”.

Ulo C3M?

As obras do edificio da Rúa Magdalena que albergará o Centro de Coñecemento de Cee C3M están bastante avanzadas O edificio da Rúa Magdalena que albergaría o C3M quedou a medias

O mellor exemplo é o coñecido como Centro de Coñecemento, que supostamente ía entrar en funcionamento en marzo de 2013… A “pioneira” iniciativa suporía un investimento de 1,2 millóns de euros, achegados a través do Plan Avanza do Ministerio de Industria, e tería como obxectivos achegar os cidadáns ao mundo da tecnoloxía, conectar a empresarios e emprendedores para proporcionar formación, e exercer de viveiro de empresas. “Aquel proxecto que ía estar na vangarda, puido ser o mazazo final da asociación. A empresa constructora que estaba a remodelar o edificio é una das principais acreedoras da asociación, e segue coa súa loita nos tribunais”, recordan dende o BNG local.

Ademais, a cousa está máis complicada porque “a subvención a fondo perdido e o crédito a longo prazo do Ministerio de industria, foron reclamados na súa totalidade por non satisfacer tan sequera a primeira cota, ao que haberá que sumar os intereses e os gastos de costas.

”A única saída de Neria é a disolución”

Ademais dos coñecidos problemas de índole laboral, mesmo con denuncias persoais pendentes de solventar, un recente informe asinado polo interventor da Deputación de A Coruña, resalta que a única saída de Neria é a disolución. Destaca que a “falla de viabilidade económica da entidade, deriva fundamentalmente da ausencia de xestión”. Os técnicos da Deputación, que tamén destacaron as dificultades que se atoparon para facer o informe, falan dunha débeda de mais 1,8 millóns de euros, ao que habería que sumar compromisos con outras administracións públicas, embargos e outros procedementos que poderían acrecentar, aínda mais, esa cifra.

Novas relacionadas Fonte

Comentarios