mércores. 30.04.2025
El tiempo

Piden recuperar Roteiro da Meigha Lirea polo litoral ceense

Piden recuperar Roteiro da Meigha Lirea polo litoral ceense
Cartel descolorido da Ruta Meigha Lirea de Lires-Cee

No ano 2007, no marco das iniciativas do Programa Xuventude, da Dirección Xeral de Xuventude, da Consellería de Vicepresidencia que gobernaba o Bloque Nacionalista Galego, un grupo de xente moza da parroquia de Lires, puxo en marcha o “Roteiro da Meigha Lirea”, unha ruta pola costa de 9,2 quilómetros e que foi subvencionado con 7.200 euros pola Unión Europea.
O proxecto consistía en deseñar, construír e colocar os paneis indicativos, marcar a ruta convintemente con estacas de madeira coas súas respectivas sinalizacións, construír e colocar pequenos paneis explicativos en puntos destacados da ruta, elaborar unha guía para coñecemento do roteiro e a posta en marcha dunha páxina web do propio roteiro.

Pero o tempo pasa, e como o 99∞ dos proxectos subvencionados, cando remata o prazo e as axudas, esmorecen. Hoxe, case oito anos despois, a web meighalirea.org xa non está operativa, os carteis están esfolados, o roteiro está intransitable pola maleza que o pecha; os paneis indicativos son cada vez mais difíciles de ler dado a descoloración e os golpes; as sinalizacións de madeira, ou ben non están, ou sinxelamente están tapadas coa maleza antes mencionada; desapareceu o panel informativo de Pedras Miúdas, durante as obras na estrada cara a praia.

Por todo isto, e tendo en conta o potencial turístico dun lugar máxico como Lires, o BNG ceense propón ao pleno que “se inste a alcaldía a facerse cargo das reparacións e reposicións necesarias para que o roteiro Meigha Lirea volte ao seu estado primitivo, facerse cargo do seu mantemento, tanto de mantelo en condicións de transitabilidade axeitada, como de reposición de elementos en mal estado; abrir ou crear de novo a páxina web, e divulgar e publicitar axeitadamente o roteiro”.

Novas relacionadas

Novas relacionadas

  • Nota de prensa do BNG de Cee.

Comentarios