Mércores. 16.10.2024
El tiempo

Pilar Iglesias tamén será candidata á alcaldía de Cee

IMG-20221215-WA0066_edit_960268649197218
Pilar Iglesias tamén será candidata á alcaldía de Cee

Temos nova candidata á alcaldía de Cee. Pilar Iglesias toma o relevo de Ramón Vigo á fronte dos Independentes por Cee e, como leva facendo nos últimos plenos, será a súa cara para as vindeiras eleccións municipais do 28 de maio de 2023.

En fronte terá a Margarita Lamela (PSOE), Serxio Domínguez (BNG), Jesús Picallo (recentemente nomeado candidato do PP pero que en breve terá unha presentación oficial), e Víctor Somoza (que anunciou que volverá conconrrer).

Iglesias anúnciao con esta carta:

 

COMUNICADO

No día de hoxe comunico a decisión de presentar a miña candidatura á alcaldía de Cee polo Partido Independientes por Cee, IxCEE.

A renuncia do noso Secretario Xeral e exalcalde a continuar participando na política institucional e amosarnos  o seu desexo de que o partido que contribuiu a fundar, hai vinteoito anos, continuase activo e con representación na corporación municipal, unido ao mandato máis alonxado das pautas de cortesía e corrección política, dirixido pola alcaldesa máis dictatorial da istoria democrática de Cee e o apoio das  compañeiras e compañeiros, déronme a forza necesaria para afrontar este reto que nunca estivo na miña mente.

Síntome arroupada polo cariño da veciñanza, da militancia do partido, das amizades e da familia.

Teño unha longa experiencia na política local na que comencei no ano 2007 cando Ramón Vigo me chamou para acompañalo na súa candidatura, na que fun de número catro e non saín concelleira. Con posterioridade Ramón Vigo, xa elexido Alcalde, chamoume para ser a xefa de gabinete da alcaldía. Aí foi onde comencei a decatarme da importancia que supoñia para min adicar parte do meu tempo a arranxar, ou cando menos intentalo, os problemas da veciñanza. A esa complexa tarefa axudoume a miña capacidade de traballo, o meu talante conciliador, a miña vocación de servicio e o carácter resolutivo que sempre teño ante a vida. Posteriormente tiven a oportunidade de ser concelleira, durante cinco anos, de presidencia, servicios sociais, igualdade e emprego, e así coñecer de cerca uns dos grandes problemas da sociedade moderna e de contribuir a palialos na medida do posible. Neses anos fun tamén membro do goberno municipal e durante dous anos e medio a primeira tenente  alcalde que me aportou unha visión global da xestión municipal.

Ofrezo toda esta experiencia política, o compromiso de non virarlle mala cara a ninguén e escoitar as vosas peticións con agarimo, no despacho ou na rúa, e co ánimo de intentar satisfacelas, na medida do posible. Unha aperta

Comentarios