Venres. 26.04.2024
El tiempo

Por fin comezou o curso na nova Gardería de Cee

Por fin comezou o curso na nova Gardería de Cee
Hoxe-comezou-o-curso-na-garderia-de-Cee

Por fin a garderíade Cee está aberta. Estaba prantexada a súa apertura para marzo de 2011, e feito, como acontecera ca Casa da Cultura, goberno local e provincial xa realizaran unha electoralista inauguración cando faltaban demasiadas cousas para que fose unha realidade.

Este mesmo martes 6 de novembro, a nova Gardería de Cee, situada enriba do antigo Instituto de raíces, comezou a súa actividade educativa. Preto de 50 nenos xa disfrutan das clases cas 8 mestras nas 4 unidades. Onte celebraban unha xornada de portas abertas para os pais, e hoxe xa comezou o curso.

Dia da inaguracion da Garderia de Cee coa alcaldesa e a concelleira de servizos sociais

Iso si, aínda queda algunha praza libre.

Garderia-nova-de-Cee-enirba-do-Instituto-Vello-de-Raices

Peche da gardería vella

Así e todo, as novas son relativamente positivas, pois a apertura do novo centro implica o peche da vella Gardería Municipal. I é que ao aplicarse as novas taxas (coa subida correspondente, que quedan nunha base de 230€, sendo progresivas) actualizouse a lista de inscritos e sobraban coas 4 aulas da nova gardería, que xa cumpre as prazas pedidas.
Así afirman dende o Concello que sería un gasto inútil manter aberto os dous centros.

A-apertura-da-nova-Garderia-implica-o-peche-da-vella-que-levaba-aberta-dende-1999

Rede Galiña Azul

Rede de escolas infantís Galiña Azul

Así e todo, o centro non forma parte da Rede de Escolas Infantís de Galicia Galiña Azul, como acontece coa de Fisterra ou as de Carnota e Mazaricos. Segundo o Concello, "o ideal sería que se adhira á rede Galiña Azul, e que a Xunta asuma a súa xestión, pois isto suporía unha importante baixada das taxas para as familias".
Aseguran dende o Concello que "debería ser obriga da Xunta facerse coa xestión do centro, pois nós xa cumplimos coa construción do edificio, e iso sería un aforro para as familias". "Temos claro que a gardería é servizo público, que pode dar perdas, pero é un servizo prioritario, e non debe ser moi caro para as familias".

En todo caso, O Concello volverá pedir á Xunta a adhesión á rede o ano que vén.

Actividades para nenos

Desde o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Cee comunícannos a celebración da actividade Os Axóuxeres o vindeiro sábado 10 de novembro ás 18.30 horas na Casa da Cultura de Brens.

Os Axóuxeres é unha actividade de balde enmarcada no programa falaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística, destinada a nenos e nenas de 0 a 6 anos (público familiar porque xa se conta cos pais dos nenos tamén).
Pero neste caso, é preciso unha inscrición previa e aqueles que estean interesados en asistir deben chamar ao teléfono 637179304 ao longo desta semana.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios