xoves. 07.11.2024
El tiempo

Por un segundo pediatra para Cee e Corcubión

Por un segundo pediatra para Cee e Corcubión
Centro de Saude de Cee-Foto-Marcos Rodriguez

Tardou alomenos 6 meses dende que saltaron á esfera pública as protestas de que 1.500 cativos de Cee e Corcubión non tiñan pediatra. Tras colleitar máis de 1000 sinaturas, o colectivo de pais e nais afectados, conseguiron a promesa da incorporación dun especialista aló polo mes de maio, e tiveron que pasar 4 meses para que se cumprira.

O pasado luns lo novo profesional incorporouse ao Centro de Saúde de Cee. “Moi contentas” están as nais protagonistas da mobilización, que ademais veñen de montar unha asociación. “Por un pediatra para Cee e Corcubión” leva 2 meses formada pero recibiron, o mesmo día que o pediatra, o visto bo da Xunta.

Unha asociación que xa cumpliu un dos seus fins, conseguir ocupar a praza de pediatría do Centro de Saúde de Cee cun especialista en pediatría. Pero non van quedar aí, conscientes do poder que ten o pobo unido. “O outro obxectivo é que se aumente o número de pediatras conforme o cupo de nenos da zona, é dicir, que poñan un segundo pediatra”, explica María del Henar Prieto Arranz, unha das súas voceiras.

Agora toca volver poñerse funcionar, organizarse e xa invitan a todas as persoas interesadas a asociarse e loitar con elas polos dereitos dos nosos pequenos.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios