Presentados os tres principais recoñecementos dos Premios Nordés 2018
23:23 18/11/18
O Gran Fondo Ézaro, na imaxe a saída de 2016, recibirá o Nordés Á Divulgación
Xa coñecemos os tres principais candidatos que a Radio Nordés Cadena Ser vai entregar na súa gala anual. Xa é a XIX Gala, a que se celebrará este vindeiro venres 30 de novembro en Vimianzo, e o trío de galardóns son de altura: o Gran Fondo Ézaro, Yaiza Canosa e Antonio Nodar.
Ademais, o vindeiro venres daránse a coñecer o Premio Nordés, galardón especial cun carácter máis emotivo, e o Premio Nordés da Audiencia que hoxe abriu a votación popular dos oíntes.
Nordés a Divulgación ao Gran Fondo Ézaro
É a proba ciclista que reune a un maior número de deportistas en Galicia e sen dúbida o evento, en xeral, da Costa da Morte que acada maior repercusión mediatica. É unha ventana ao mundo, unha campaña de publicidade imposible de pagar que une o nome da Costa da Morte ao de Estrelas do Deporte como Indurain, Chiapucci, ou Gómez Noya.Nordés á iniciativa emprendedora a Yaiza Canosa
Aos seus 25 anos xa cofundou varias empresas e actualmente é CEO dunha delas, GOI coa que está revolucionando o sector do transporte de paquetes voluminosos. E a día de hoxe é, unha das persoas menores de 30 anos máis influíntes en España, segundo revista Forbes. Yaiza transformou unha meta nun logro, e a día de hoxe continúa revolucionando os sectores que toca, porque as súas inquietudes non teñen fin.Nordés das artes ao fotógrafo Antonio Nodar
Ao longo dos anos son moitos os proxectos cos que viaxa polo planeta. Da súa obra destaca o proxecto “Do retrato ao autoretrato” no que participan artistas como Antonio Tàpies, Javier Mariscal ou Joan Brossa. Compaxina as súas viaxes con labores solidarias a través da fotografía con proxectos como “Todas Somos ciudad mujer” en colaboración coa Fundación Nando and Elsa Peretti. Unha Gala que é posible grazas ao apoio dos patrocinadores: Concello de Vimianzo, Construcións e excavacións Germán Mouzo, Productos Cárnicos Domínguez, Ferroatlántica, Feiraco, Caolines de Vimianzo e Industrias Cerdeimar.Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/a-gala-qpc-puxo-en-santa-comba-o-emocionante-broche-de-ouro-a-temporada-do-futbol-da-costa/Novas relacionadas
- Premios Nordés 2017: A Gala dos Premios Nordés cumpliron a súa maioría de idade.
- Premios Nordés 2016: Uns Nordés de emoción.
- Premios Nordés 2015: A música, protagonista dos Gala dos premios Nordés.
- Premios Nordés 2014: A Costa da Morte rende homenaxe a Pazos de Merexo nos Premios Nordés.
- Premios Nordés 2013: Premios globais da Nordés.
- Premios Nordés 2012: A potencia de Aspadex triunfa nos premios Nordés.