Mércores. 21.08.2019
El tiempo

Un primeiro de maio para recuperar de dereitos e avanzar

Concentracion da CIG polo 1 de maio en Cee-Foto-JT
Concentracion da CIG polo 1 de maio en Cee-Foto-JT
Un primeiro de maio para recuperar de dereitos e avanzar

A de Cee volveu ser unha das citas nas que a CIG celebrou a súa tradicional concentración polo Día do Traballador este 1 de maio. Unhas 200 persoas achegáronse ás portas do Concello de Cee para esixir a “recuperación dereitos para avanzar”, coa mira posta no goberno estatal por uns empregos, uns salarios e unhas pensións dignas.

Aproveitaron para pedirlle ao novo goberno saído das eleccións celebradas este domingo, “un cambio real e profundo nas políticas executadas coa escusa da crise, porque segue a medrar a precariedade e a pobreza laboral e continúa a perda de poder adquisitivo da clase traballadora galega”.

Lembran procesos de empobrecemento xeralizado da clase traballadora amparados pola lei, como os ERE, os peches e a deslocalización de empresas, poñendo o foco en Ferroatlántica.

A concentración rematou cun sentido himno galego.

Concentracion da CIG polo 1 de maio en Cee-Foto-JT 2

Comentarios