Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Por que é o Día do Libro?

cartel_calendario_do_libro_2022_act copia
Por que é o Día do Libro?

Hoxe, 23 de abril celébrase o Día internacional do Libro, unha data instituida pola UNESCO en 1995 atendendo á casualidade de que a morte de Miguel de Cervantes (23 de abril de 1616 no calendario gregoriano) correspondíase coa data (no calendario xuliano) do aniversario do nacemento e morte de William Shakespeare.

Con nos conta José Ramón Rey Senra, Técnico da Biblioteca Pública Municipal "Francisco Mayán" do Concello de Cee, a “UNESCO con este acontecimiento cultural quería fomentar a lectura, a edición, as publicacións impresas, os dereitos de autor e destacar sobre todo a importancia do libro, promovendo a través del o acceso á cultura do maior número de persoas posible.

A Biblio, para celebralo, durante o día de onte fixo un obsequio dun libro a todos aqueles usuarios/as que utilicen o servizo de préstamo a domicilio.

 

Comentarios