Rafa Vilar gaña o XVI Premio "Pura e Dora Vázquez" de Narración

Boas novas para a literatura costeira. O ceense Rafa Vilar (1968) vén de gañar, coa obra “Os outros oficios”, o o XVI premio de literatura infantil e xuvenil "Pura e Dora Vázquez" na modalidade de narración, que outorga a Deputación de Ourense.
O escritor costeiro leva de premio 1.500€, despois de que o xurado valorase o texto de xeito "excepcional desde o punto de vista literario, con moito coidado da prosa e con relatos que amosan un gran coñecemento da lingua".
Así mesmo, o xurado destaca que a obra é “de fácil e agradable lectura” e que autor fai "unha galería de retratos que mesturan ben o xogo imaxinativo e adáptase para ser ilustrada".
O escritor ceense, forxado nas bases do asociacionismo e do socialismo galego, foi membro do Batallón Literario. Forma parte da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG). e xa ten publicadas unha ducia de libros como poeta, dende “A sotavento dunha singradura” (1995); ata “Animalario estrafalario” (2013).
NOVAS RELACIONADAS
- 2017: O ceés Rafa Vilar volve con “Erosións” e gaña o X Certame Poético Victoriano Taibo.
- As dúas Galicias de Europa únense coas voces do ceense Rafa Vilar e o ucraíno Ostap Slyvnsky:
- Serxio Iglesias e Rafa Vilar musicados por Xardín Desordenado.
- Un premio cheo de Arume para os versos piratas para nenos de Rafa Vilar.
- 2014: Un ceense no epicentro do socialismo galego.
- Miro Villar: Feros Corvos, 1 (Inverno de 1997). A revista do Batallón Literario da Costa da Morte.
- 21 anos de Arre Sentelha e do Batallón Literario da Costa da Morte.
- O Batallón Literario da Costa da Morte revive na rede.
FONTE
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).