Rafa Vilar gaña o XXI Premio de Poesía AFundación
Rafa Vilar (Cee, 1968) volve levar un premio de poesía. O escritor ceense levaba onte o XXI Premio de Poesía Afundación, promovido por Afundación, a Xunta de Galicia e o Centro PEN Galicia co fin de reforzar a produción poética en galego e contribuír ao enriquecemento da creación cultural galega actual.
O autor leva o premoi pola Os lugares da memoria, escollida polo xurado entre as 34 propostas que se presentaron este ano e que dan mostra da boa acollida deste certame e de gran calidade literaria das novas xeracións galegas.
O galardón, que implica a publicación do libro na colección Arte de trobar e unha dotación económica de 6000 euros.
Vilar, toda unha referencia da poesía galega, entra nun selecto grupo formado polos mellores nomes da poesía galega contemporánea como Ledicia Costas, galardoada na pasada edición.
NOVAS RELACIONADAS
- 2019: Rafa Vilar gaña o XVI Premio "Pura e Dora Vázquez" de Narración.
- 2017: O ceés Rafa Vilar volve con “Erosións” e gaña o X Certame Poético Victoriano Taibo.
- As dúas Galicias de Europa únense coas voces do ceense Rafa Vilar e o ucraíno Ostap Slyvnsky:
- Serxio Iglesias e Rafa Vilar musicados por Xardín Desordenado.
- Un premio cheo de Arume para os versos piratas para nenos de Rafa Vilar.
- 2014: Un ceense no epicentro do socialismo galego.
- Miro Villar: Feros Corvos, 1 (Inverno de 1997). A revista do Batallón Literario da Costa da Morte.
- 21 anos de Arre Sentelha e do Batallón Literario da Costa da Morte.
- O Batallón Literario da Costa da Morte revive na rede.
FONTE
- Redacción de QPC ([email protected]).