Luns. 06.05.2024
El tiempo

Rebeca Ayala presenta na casa a súa primeira exposición

Expo rebeca ayala en Cee
Rebeca Ayala presenta na casa a súa primeira exposición

Rebeca Ayala, veciña de Brens, estrea esta fin de semana a súa primeira exposición de fotografía. O 6 de maio inaugúrase na Casa do Concello de Cee ás 20:00 "Gaivotas Á Terra". Unha exposición na que colabora o Rock Corner Bar de Cee, e que estará aberta ata o 2 de xuño.

Rebeca estudou Comunicación Audiovisual en Burgos e fixo un Máster en Fotografía e Postproducción en Madrid. Foi ao rematar este cando volve a Galicia para expoñer un dos seus traballos finais.

Gaivotas Á Terra é unha exposición fotográfica de autor que consta de 9 fotografías divididas en 4 actos: Inconsciencia, Indiferencia, Agobio e Inerte.

Este proxecto lévase a cabo para crear conciencia nunha zona na que é preciso debido á importancia non só medioambiental senon tamén económica que supón ter un ecosistema mariño san.

Comentarios