Rematadas as obras de seguridade no paso do Camiño pola AC-445 á altura de Estorde
09:29 03/05/22
Segue solventando a Xunta, en pleno Xacobeo, as graves eivas de seguridade do treito do Camiño entre Corcubión e Fisterra. Eivas que obrigaban aos peregrinos a transitar pola estrada, coa incomomidade e o perigo que supón compartir vía cos vehículos a motor.
Desta volta habilitaron unha senda de 630 metros de lonxitude na estrada AC-445 en Estorde, no concello de Cee, no treito coincidente co Camiño de Fisterra, entre os puntos quilométricos 5+260 e 6+053.
A intervención, cun investimento de 86.000 €.