O renovado PP de Cee pídelle á alcaldesa “sanear a vida política"

Hoxe lanza o seu primeiro comunicado, no que fai fincapé na necesidade dun “saneamento integral, tamén da vida política”, sinalou en relación as obras.
O PP de Cee denunciou o que califica de "espectáculo político" en relación á rolda de prensa celebrada o pasado venres, na que a alcaldesa Margarita Lamela esixiu explicacións á Xunta sobre a publicación no Diario Oficial de Galicia do procedemento de compravenda dun local por parte do Ministerio de Promoción e Emprego, instalación que servirá para albergar a oficina de emprego. Para o grupo popular ceense non deixa de sorprender que a socialista pida explicacións ao respecto “cando tería que ser ela quen dera explicacións de por que o goberno de Cee non levou a cabo as obras de rehabilitación do local que o concello ofrecera, e que isto motivou que, de non actuar a Xunta, "se perderían os 1,5 millóns de euros destinados a este tipo de actuacións”.