Arrincaron as obras de saneamento de Cee e Corcubión

Visita institucional esta mañá a Cee para ver de primeira man o comezo da 1ª fase das obras mellora do sistema de saneamento de Cee e Corcubión. Unhas obras tremendamente necesarias, esixidas durante anos e que por fin se poñen en marcha para evitar as continuas verteduras nunha ría que conta cunha Estacións Depuradoras que peor funcionan en todo o país.
As obras contran cunha partida de 3,6 millóns nos Orzamentos deste ano, para un investimento total de 8,1 millóns, prevendo que a primeira fase estea rematando na primavera do 2024.
Coma sempre, a separación da rede fluvial da rede de fecais é clave, e o obxectivo do Plan de saneamento da ría de Cee e Corcubión é reducir nun 80% os vertidos en tempo de chuvia e completamente en tempo seco.
O Plan arrincou coa análise previa das deficiencias, destacando a mesma falta de separación das redes, deficiencias no funcionamento dos bombeos, na rede de colectores e nos pozos de rexistro, unha depuradora obsoleta (está en fase de redacción o proxecto da nova depuradora)… que provocaba que houbese moitos vertidos nas canalizacións do núcleo ceense, que vertían cara aos ríos de Brens e Cee, e ao rego de Laxes, o que provoca na prohibición eterna na praia da Concha.
As obras
O Concello de Cee tivo que realizar o desvío dunha canalización que era necesario desprazar para comezar as obras. Agora realizarán a renovación do colector das Laxes, reparándose as canalizacións da marxe dereita do río, cunha lonxitude de case 390 metros; e na construción dun novo tanque de tormentas con estación de elevación.
Tamén se executará un novo colector, que substituirá o bombeo das Monxas e conducirá as augas ata o tanque e, desde aí, se bombeen cara á depuradora; habilitarase un ‘by-pass’ e un colector de vertido, que permita dirixir as augas ao tanque de tormentas ou aliviadas. Ademais, implantarase un novo bombeo ata a depuradora desde o novo tanque de tormentas.
As obras, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020, incluirán un merendeiro, un paseo, un parque infantil e mesmo un rocódromo.
HISTÓRICO SOBRE O PROBLEMA DO SANEAMENTO NA RÍA DE CORCUBIÓN
- Maio 22: Denuncian as eternas verteduras por falta de saneamento sobre a ría de Corcubión.
- Outubro 21: A Xunta promete que as obras de saneamento da Ría de Corcubión estarán rematadas a finais de 2023.
- 15-10-21: O Consello da Xunta dá un novo paso para as esperadas obras de saneamento da ría de Corcubión.
- Xullo 21: 8 millóns de euros para a renovación da rede de saneamento de Cee e Corcubión.
- 13-07-21: As EDAR de Cee-Corcubión e Muxía, entre as que peor funcionan de Galicia.
- O BNG de Cee solicita unha auditoría externa das depuradoras e o saneamento do rural.
- 12-01-21: Novo paso para a EDAR de Cee e Corcubión: A Xunta licita a redacción do proxecto.
- Xaneiro 2021: A caño libre… 11 anos despois.
- 10-12-2020: Aprobado o investimento para a redacción do proxecto da nova EDAR de Cee e Corcubión.
- Novembro 2019: Preguntan á Comisión Europea se existe financiamento para o saneamento da ría de Cee e Corcubión.
- Abril 19: Ana Miranda: “É unha prioridade consignar orzamento para a limpeza desta praia e o saneamento da ría de Corcubión”.
- Marzo 19: A contaminación da ría de Corcubión, de volta ao Parlamento Europeo.
- Outubro 17: O BNG insta á Xunta a que inclúa nos orzamentos o saneamento da ría de Corcubión.
- Maio 17: A contaminación da ría de Corcubión volve ao Parlamento Europeo.
- Febreio 15: O BNG reitera no Parlamento o informe sobre o estado da ría de Cee-Corcubión.
- Outubro 14: O BNG pregunta no Parlamento pola ría de Corcubión.
- Febreiro 13: O BNG esixe o saneamento integral da ría de Corcubión.
- 2011: Unha ría eternamente pechada.