Mércores. 24.07.2019
El tiempo

Repaso ao sumario da Operación Orquesta (VII): Falseando a Casa da Cultura

Repaso ao sumario da Operación Orquesta (VII): Falseando a Casa da Cultura

Aí segue a faraónica obra da Casa da Cultura de Cee agardando. 11 anos despois da súa suposta inauguración (as ventás en forma de números así o certificarán sempre) os eventos artellados no concello (como a Mostra de Teatro ou o programa de Pensar a Voces) teñen que seguir celebrándose no frío Salón de Actos do Concello, a pesar de tanta promesa e ata unha electoral e ficticia apertura de portas.

Aos retrasos xa estamos ben acostumados na zona, de aí que apenas saia nos medios tradicionais o que estamos a sufrir, por exemplo, co Centro de Coñecemento, que supostamente ía abrir as súas portas en xuño. Polo de pronto, a CCC terá que esperar, pois estiman dende o Concello que necesitarán uns 400.000 euros máis para concluir a obra, que, de seguro, farán os mesmos de sempre.

Falsificacións

Pero non só de retrasos vai a cousa. A adxudicación da obra da Casa da Cultura, entre outras, serviu para que a empresa Ogando (e o resto de habituais adxudicatarias) manteña unha relación de "dependencia" para co concello: invitación a comidas en caros restaurantes, cesión de material como grupos electróxenos de balde, traballos menores como de xardinería realizados sen custe algún, patrocinio, en B, das festas patronais...
Por outra banda, o sumario deixa claro que a conexión entre o arquitecto da Casa da Cultura, J. C. Leis Caruncho, e a empresa responsable da obra, Ogando, non era a mellor, a pesar de que o propio Leis foi peza clave na adxudicación.

I é que dunhas conversacións mantidas entre agosto e setembro de 2010, o propio Leis Caruncho, fala co aparellador de Ogando unha vez que a oferta da obra do escenario do edificio quedou fóra de prazo. Leis Caruncho explícalle ao aparellador de Ogando como facer a rectificación da Acta, pero valoran que o mellor é facer unha falsificación da acta contando con algún funcionario "de confianza":

  • Aparellador de Ogando: "Hablo con el ayuntamiento, yo no sé si es mejor que hables tu. Hombre, si el acta la tiene una persona de, de confianza y no la, no la tiene nadie más, se cambia por otra simplemente, y no haces informe, ni haces nada"..."claro, comentar quien tiene ese acta, y si hay manera de ese acta cabiarlo por otro para que no se entere nadie más, simplemente cambiar el acata, como hay un mes..."..
  • Leis Caruncho: "... Se podría hacer, eh, mmmmm, con fecha más tarde, claro, ... pero hay que ver cuando lo metió el Ayuntamiento... Y entonces ya es, ya es casi imposible cambiarlo"..
  • Aparellador de Ogando: Claro, claro, pues si.
  • Leis Caruncho: "Bueno, yo lo comento ya ver. De todas formas, tu vete preparando un informe dando unhas razones técnicas para pedir un aplazamiento y tal".
  • Aparellador de Ogando: "Si, si,, sin nigún problema, eso ya lo voy haciendo yo".
  • Leis Caruncho: "Eh, vete haciéndolo en ese sentido, y pedirlo lo pedimos, no pasa nada. El Concello de Cee es así, porque en realidada tampoco hay ningún problema, ¿entiendes? puf, Joder! es una obra dada por procedimiento negociado arriba, no te ponen repar. Lo que pasa con los funcionarios que hay en Cee, me cago en la puta!, ufff, porque si fuera por concurso, y contara el prazo de ejecución y tal aún podía haber alguien que reclamara, pero si no no, ¿no?.
  • Aparellador de Ogando: "no".
  • Leis Caruncho: "Bueno, prepara eso, y yo no sé, si me llama hoy ya se lo comento, haber que posibilidades hay, que quedó de llamarme ella para cuando pudiera ver yo al alcalde"
  • Aparellador de Ogando: "Ahh, ya te tiene aquí el Acta preparada del Centro Cultural".
  • Leis Caruncho: "Si, bueno, pero también mejor esperar ahí, se hay un mes... porque estamos con lo mismo, ¿no?.
  • Aparellador de Ogando: "Si, está entregada el 5 de agosto por regustro, esa acta de replanteo, de esa me la están dando ahora mismo (...) Y hora si que estaríamos dentro todavía, pero claro, eh! el cambiar el acta".
  • Leis Caruncho: "Si, no, pero eso ya es más complicado, porque eso es meter a un funcionario en un tinglao, que es una falsificación, ¿entiendes? No creo que eso se pueda hacer".
  • Aparellador de Ogando: "Y no, no está el tema, ojo! como para eso"..

Finalmente, de estas conversas non se pode demostrar ningunha ilegalidade directa, pero dá conta da posición do arquitecto contratado polo Concello de Cee, ante as obras municipais. Noutra ocasións, o propio Leis Caruncho, lle indica a un tal Emilio sobre unha obra no Concello de Carnota, en A Curra: "Pero tu no te das cuenta de que el mundo real va por una parte y el mundo de la administración va por otra..."

Iso si, o propio Leis Caruncho, e o aparellador de Ogando, comparten mesa no Cabanel, invitados, como non pola empresa adxudicataria.

Novas relacionadas

Novas da Operación Orquesta

Artigos relacionados

Máis información

Fonte

Comentarios