Rocío Leira gaña o certame de poesía Mujeres Silenciadas "Argentina Rubiera" de Langreo
08:11 03/10/17
Rocío Leira recolliu o premio o pasado venres no concello asturiano de Langreo
"Regresión" é o nome do poema co que a ceense Rocío Leira - matemática de profesión - vén de gañar o X certame de Poesía Mujeres Silenciadas “Argentina Rubiera”. O acto de entrega do premio, dotado con 500€, tivo lugar o pasado venres.
O certame esta organizado polo colectivo sociocultural “Les Filanderes” co obxectivo de recuperar a figura e a memoria de todas as mulleres que, na loita polos seus ideais, sufriron cárcere ou desterro e contribuíron á defensa da memoria histórica. É por iso que o concurso leva o nome de Argentina Rubiera unha muller que ademais das súas inquietudes culturais loitou pola integración das súas conxéneres e que, debido á súa ideoloxía, estivo encacerada e foi condenada a pena de morte.
O concello de Langreo goza dende hai décadas dunha intensa actividade cultural que se amosa na existencia dun bo número asociacións, agrupacións culturais e musicais, festivais e tertulias acerca dos máis variados temas. Por todo iso, a Unesco, en 1961, declarou esa zona como o quilómetro máis culto de Europa.
Novas relacionadas
- Rocío Leira gaña o primeiro premio do certame de poesía Manuel María de Gipuzkoa
- Rocío Leira gaña un novo premio de poesía
- Rocío Leira gaña o premio de poesía outorgado polo colexio oficial de Psicoloxía de Galicia
- Rocío Leira gaña o XX premio de poeslía Avelina Valladares cun poemario sobre o paro
- Un poema de Rocío Leira gaña o certame de poesía da Irmandade de Centros Galegos en Euskadi
- Sae a luz “Obituario”, o novo traballo de Rocío Leira
- Rocío Leira gaña o III certame de poesía Xosé M. López Ardeiro convocado polo concello de Negreira
- Rocío Leira: “Escribir sobre o cancro sempre é difícil, pero se está orientado ó público infantil a dificultade é maior”
- A ceense Rocío Leira tamén estrea novo libro de literatura infantil
- Modesto Fraga publica os seus 20 anos de poemas á mar.
- Suso Lista publica o seu segundo libro, Xeixos, con sabor ao mar salgado de Corme.
- Modesto Fraga presenta o seu novo libro cheo de Fisterranía.
- O Batallón Literario da Costa da Morte revive na rede.
- Modesto Fraga, Rocío Leira e Lola Canosa, expoñentes da homenaxe poética aos Faros da Costa da Morte.
- Redacción QPC ([email protected])