Mércores. 01.04.2020
El tiempo

Rocío Leira presenta o seu libro “Veleno en familia” na Semana Feminista organizada por O Quilombo de Pontevedra

Rocío Leira presenta o seu libro “Veleno en familia” na Semana Feminista organizada por O Quilombo de Pontevedra

A escritora ceense Rocío Leira presenta hoxe o seu libro “Veleno en familia” en Pontevedra. Farao nun acto aberto a toda a veciñanza que se enmarca nas actividades da Semana Feminista organizadas pola entidade O Quilombo e que comeza ás 20:30 horas na sede da entidade (rúa Princesa, nº 17 - Pontevedra).

“Veleno en familia” é unha trama intrigante na que as protagonistas son tres mulleres da mesma familia e na que todas son vítimas e verdugas. “O crime perfecto nunha familia imperfecta”, así resume Baía Edicións o traballo da escritora ceense. Esta novela de intriga, dirixida ao público adulto, está ambientada no rural galego. A pesares de ser unha novela de entretemento, pensada para manter a intriga do lector ata o final, na obra trátanse de fondo outros temas como a toxicidade nas relacións familiares ou a situación da muller no rural galego, onde ademais de lidiar coa problemática da conciliación, moitas veces ten que afrontar a misoxinia máis feroz. A historia foi finalista no I Premio de Novela Vilar Ponte do Concello de Viveiro

comentarios