Domingo. 22.09.2019
El tiempo

SEA e Concello comprométense a facer unha limpeza e desbrozado do polígono de Cee e a intentar dinamizalo

Belén Sestayo e Margarita Lamela de visita no parque empresarial Cee, diante de Aluminios Dumbría
Belén Sestayo e Margarita Lamela de visita no parque empresarial Cee, diante de Aluminios Dumbría
SEA e Concello comprométense a facer unha limpeza e desbrozado do polígono de Cee e a intentar dinamizalo

Nova visita institucional da xerente de SEA (Suelo Empresarial do Atlántico), Beatriz Sestayo, aos polígonos da comarca. Tras visitar Vimianzo Sestayo escolleu outro concello recén tomado por alcaldesas socialistas, o de Cee, onde informou que se iniciará de inmediato o proceso para a limpeza e mellora das parcelas dispoñibles e competencia de SEA. Un remozado que se completará co que realizarán estas semanas as brigadas municipais, como recoñecía a propia anfitriona, Margarita Lamela.

A xerente da SEA tamén se comprometeu “a impulsar a promoción e difusión do parque empresarial” e a manter entrevistas coas empresas que xa mostraron o seu interese ao concello por instalarse no polígono.

Ademais, sinalou que vai intentar abrir a “interlocución” entre administracións para aproveitar a ubicación estratéxica do parque, próximo ao porto de Brens.

Tamén falaron da necesidade de retomar as obras da Autovía ata Cee, e incluír a variante ao porto de Brens, lembrando que "o proxecto é da época de Touriño e aínda estamos esperando".

Novas relacionadas

Comentarios