Sábado. 12.10.2024
El tiempo

O Servizo de Atención Temperá abre as súas portas a todas as familias da comarca

Cartaz III xuntanza SAT Costa da Morte
O Servizo de Atención Temperá abre as súas portas a todas as familias da comarca

O venres 27 de setembro terá lugar a terceira das Xuntanzas de Desenvolvemento Infantil organizadas por Aspadex e o Servicio de Atención Temperá Costa da Morte en colaboración nesta ocasión co Concello de Cee.

A xuntanza será na Casa da Cultura do Concello ás 11:00hrs. Nesta terceira xuntanza abordaranse as diferentes etapas do desenvolvemento infantil facendo especial fincapé nun tema de especial importancia e interese para as familias como son as rabietas.
O equipo multidisciplinar do SAT será o encargado de desenvolver a temática do encontro, pero nesta ocasión tamén intervirán dúas nais usuarias do Servizo que exporán as súas experiencias.

Esta é unha xornada aberta a todo o público adulto previa inscrición nas oficinas de Servicios Sociais do Concello de Cée, ou a través do teléfono 981745100. Ext.5.

Comentarios