As tres Unidades de Atención Temperá continuarán en marcha co financiamento autonómico

08:07 02/02/23
Visitou onte O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, a Unidade de Atención Temperá do Concello da Laracha. Acompañado do alcalde da Laracha, José Manuel López, e da concelleira de Servizos Sociais, Rocío LópezTrenor quixo coñecer de primeira man como funcionan este necesario servizo sanitario para a rapazada de 0 a 6 anos.
Trenor informou ademais da resolución das axudas para as tres unidades de atención temperá da Costa da Morte:
- A da Laracha.
- Outra formada pola agrupación de concellos de Dumbría, Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Zas e Vimianzo.
- A de Santa Comba e A Baña.
Estes dous centros contarán cunha axuda que comprende a actividade dos anos 2022-2023-2024 de máis de 710.000 euros para garantir o seu funcionamento.
ENTIDADE | PROFESIONAIS | 2022 | 2023 | 2024 | IMPORTE TOTAL |
AGRUPACIÓN DE DUMBRÍA, CAMARIÑAS, CARNOTA, CEE, CORCUBIÓN, FISTERRA, MAZARICOS, MUXÍA, ZAS E VIMIANZO | 5 | 22.164 | 135.022 | 165.253 | 322.440 |
CONCELLO DA LARACHA | 4 | 20.540 | 102.700 | 123.240 | 246.480 |
SANTA COMBA E A BAÑA | 4 | 11.787 | 58.935 | 70.722 | 141.445 |
TOTAL | 13 | 54.489 | 296.657 | 359.215 | 710.365 |
Novas relacionadas
- Febreiro 22: O Servizo de Atención Temperá da Laracha estrea instalacións
- Febreiro 22: O Servizo de Atención Temperá comarcal xa atendeu a 121 menores