Luns. 09.09.2024
El tiempo

Serxio Domínguez á cabeza do novo Consello Comarcal do BNG

Serxio Domínguez á cabeza do novo Consello Comarcal do BNG
Novo Consello Comarcal do BNG da Costa da Morte

A Asemblea da Costa da Morte, celebrada na Casa do Concello de Cee, o xoves 4 de abril, serviu para que o BNG escollese novo Consello Comarcal. A única candidatura presentada conforma o equipo de persoas que a partir deste momento será o encargado de dirixir a política comarcal do BNG na Costa da Morte.

O Bloque Nacionalista Galego conta, dende a tarde do xoves, cun novo responsable comarcal, Serxio Domínguez Louro, até o de agora, responsable local e portavoz en Cee. Un Domínguez que recolle o legado de Modesto Fraga, que renunciaba o pasado mes de novembro.

A listaxe, compóñena, tanto persoas con dilatada experiencia, como persoas que participan por primeira vez deste órgano comarcal, procedentes de propostas das localidades e que supón un 60% de renovación con respecto ao Consello Comarcal saínte. Acompañan a Serxio Domínguez Louro, Germán Martínez Traba como vicerresponsábel, Merche Díaz Mayán, Carmen Armendáriz, Carlos Fdez. Concheiro, Ilva Carril, César Pérez, Susana Trillo, Xan Carlos Sar, Ánxeles Sánchez, Xabier Santos, Belén Campos, Martiño Nercellas, Pura Mouzo e Mario Maceiras.

O novo Consello Comarcal márcase como obxectivos "reforzar o BNG na comarca e combater as políticas antisociais que práctica o PP e que están a impoñer sacrificios inhumanos ás persoas".
“Comezamos un período cheo de ilusión, de retos importantes para combater as políticas antisociais do PP e na que nos imos a centrar en defender os sectores produtivos para crear emprego e os servizos públicos na nosa comarca. As tres alcaldías que o Bng obstenta na nosa comarca, van ser o espello no que os demais nos miremos, xa que nelas se están a levar a cabo políticas diferentes, políticas sociais e de servizo ao cidadán, de transparencia, honestidade e excelente xestión económica, a pesares das trabas postas polo PP ”, afirma a novo responsable.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG comarcal.

Comentarios