Xoves. 10.10.2024
El tiempo

Sogama ratifica a compra de dúas parcelas do Polígono de Cee

210422 firma solo Cee
O presidente da Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama), Javier Domínguez Lino, e a xerente de Solo Empresarial do Atlántico (SEA), Beatriz Sestayo, na rúbrica da venda das parcelas
Sogama ratifica a compra de dúas parcelas do Polígono de Cee

O pasado febreiro anunciaban o acordo e esta mañá de xoves 22 de abril, rubricouse coa sinatura. A Xunta de Galicia e Suelo Empresarial do Atlántico pecharon a compra de dúas parcelas (16 e 17) do polígono industrial de Cee, nas que se instalará a nova planta de transferencia, por un importe de máis de 270.000 euros.

Plano do Parque Empresarial de Cee

Sogama contará con 4.530 m2 para trasladar a actividade que agora se realiza na planta do Monte do Son, que só en 2020 transvasou preto de 5.800 toneladas dando servizo a concellos de Cee, Fisterra e Corcubión. A nova ubicación permitirá unha descarga máis áxil, o que se traducirá nun aforro de tempo e de combustible.

A función dunha planta de transferencia é a de transvasar os residuos desde os camións municipais a contedores de gran capacidade, para ser transportados, con todas as garantías ambientais e de seguridade ata o Complexo medioambiental de Sogama en Cerceda, onde reciben o tratamento oportuno conforme as súas características.

A Xunta intentará sacar a licitación no vindeiro mes e a intención é ter a planta en funcionamento no segundo semestre de 2022.

Novas relacionadas

Comentarios