Solicitan desfibriladores para os pavillóns de Cee
Cada ano morren no estado español 25.000 persoas por morte súbita, case o 90% delas ocasionados por un trastorno eléctrico do corazón chamado “fibrilación ventricular”. Para este trastornos, o único tratamento efectivo é a chamada “desfibrilación precoz” que se trata cun desfibrilador semiautomático (DESA) un pequeno aparello que se conecta a vítima que na teoría acaba de sufrir unha parada cardíaca, por medio de electrodos adhesivos.
Unha porcentaxe alta dos accidentes cardiovasculares mencionados suceden en lugares adicados a eventos deportivos, ben sexa aos propios deportistas, ou mesmo a aficionados. É por iso que existen razóns de peso para que os principais recintos deportivos conten con ese servizo.
Por iso, o BNG de Cee vén de presentar unha moción para tratar no pleno para que se doten os principais recintos deportivos do concello, campo de fútbol Sampaio de Refoxos e polideportivos de Cee e Brens, de cadanseu desfibrilador axeitado, subvencionar os gastos que supoñan a realización dos cursos as necesarios e persoas precisas que poidan ter que usar ditos aparellos dos clubes deportivos e/ou protección civil e estudar a posibilidade de ampliar este servizo a outras instalacións dependentes do concello.
Lembran ademais que na actualidade existen no mercado desfibriladores moi alcanzables, económicamente falando, polo que a inversión para cubrir as primeiras necesidades do noso concello é ínfima comparado co posible salvamento de vidas humanas que pode acarear.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).