Stoupa volve a triunfar a golpe de arte e vermú

05:58 02/05/18

Amantes da pintura e da artesanía en xeral voltaron a reunirse este martes 1 de maio nunha nova sesión vermú organizada por Stoupa que conseguiu congregar a unha multitude de persoas de distintas zonas da Costa da Morte.
A partires das 12 da mañá os primeiros curiosos comezaron a achegarse á tenda para poder ver de primeira man as obras do artista muradán, Fernando Rei. Todos alabaron a recreación exacta dos movementos das mariscadoras, así coma a pintura artesanal que elabora o propio autor. A xerente de Stoupa, Begoña Fernández, recalcou a importancia do esforzo dos pintores en particular, e dos artesáns e artistas en xeral, que para lograr o produto definitivo teñen que adicar moito tempo á estudar e perfeccinar a súa técnica. Stoupa xuntou nun pequeno espazo a un numeroso grupo de persoas que sen dúbida descubriron o talento dos artesáns e artistas da Costa da Morte. A exposición “As mariscadoras da Misela” poderá visitarse na tenda de artesanía Stoupa ata o finais deste mes de maio.

Creadores da Costa da Morte en Stoupa
- As mariscadoras de Fernando Rei faenan en Stoupa.
- As sesións vermús xa non só son a golpe de pasodoble.
- Stoupa, o punto de encontro da artesanía e a cultura da Costa da Morte.
- Stoupa envólvese de feminidade ca arte xapo-muxiá de Yano Yoro.
- O muradán Roque Rey enche de cor Stoupa coa súa mostra “A Praia”.
- Os barquiños de Mimadriña xa navegan por Stoupa.
- Nando Lestón expón as súas creacións en Stoupa.
- Marcos Rodríguez expón as súas fotografías premiadas en Stoupa
- Este Nadal, regala Stoupidos de arte da Costa da Morte.
- 12 meses facendo estoupar a arte da Costa da Morte
- Xoanxo Cespón trae a súa visión “Costa da Morte” a súa casa.
- As Redeiras de Corme, artistas en Cee.
- A deseñadora ceense Jesica Coiradas expón a súa colección de roupa en Stoupa.
- A arte de Viki Rivadulla está que Stoupa.
- Stoupa, o novo centro da cultura e artesanía da Costa da Morte
- Un estoupido de cultura para a Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Stoupa.