Sufocan con rapidez o incendio dun choque en pleno centro de Cee
07:02 25/09/17
Eran as 4:45h da madrugada do sábado ao domingo cando os veciños da Avda. Fernando Blanco de Cee, a altura do Restaurante a Marina, saltaban das súas camas ante un incendio. Un coche, un Renault Laguna, comezaba a incendiarse, co perigo de estaba moi preto doutros coches.
Afortunadamente alertaron os veciños con rapidez ao 112, que mandou de inmediato á Garda Civil, Policía Local e Protección Civil, que atallaron pronto o lume tirándolle tres extintores permitindo que só se incendiase a parte do motor ata as rodas dianteiras. Xusto co coche afumeando chegaron os Bombeiros de Cee que procederon a abrir o capó cortando cunha cizalla os enganches, e arrefriaron os puntos quentes, utilizando uns 100 litros de auga.
Fonte
- Bombeiros de Cee.