Talía Teatro abre e pecha a que será a última Mostra de Teatro de Cee

Este xoves 23 dará comezo a 25 e última Mostra de Teatro de Cee. Si, tristemente a última, como nos explicaba Artur Trillo a pasada semana, cunha batería de explicacións máis que razoables.

Será precisamente a compañía organizadora, Talía teatro a encargada da apertura da mostra ás 12.30 h. co espectáculo Pequena, un espectáculo unipersoal, escrito e dirixido por Paula Carballeira e interpretado por Marta Ríos. Trátase dun espectáculo para descubrir o grande que pode ser alguén pequeno e o pequenas que poden chegar a ser as grandes cousas, que case non ocupan espazo.
A segunda obra será ás 19:00h na sesión de Rúa Aberta. Tres Globos preséntanos unha revisión do conto clásico na Alameda, con "Pedro e o Lobo".
De seguido, ás 20:15h e tamén na Alameda chega Leidy Maharet con Zíngara, unha rumana de Transilvania que chega a ter un programa de televisión tras un casting é o que fará que esta pallasa faga rir e vibrar aos espectadores. Clown, malabares, escapismo, maxia e lume son as armas que esta “zíngara” empregará para cautivar ao xurado e conseguir así o seu cometido.
Esta primeira xornada tráenos ademáis a estrea do espectáculo Cipriano de Bequelar de Carrachanacacha, un dos pratos fortes do Programa desta Mostra 2012. A cita será ás 21:30h cun texto escrito e dirixido por Leandro Lamas e interpretado por Quique Vázquez, Lorena Montero, Paula Morado e Silvia Casal.


A Deshora, xa á media noite, toca sesión de monólogo cun habitual da Mostra, Celso Fernandez Sanmartín con "Contos que non falten", no Salón de actos do concello. Poeta e recopilador de historias de vida, gusta de traballar co público e dar o mellor en cada contada.
Fin de semana completa
Ao longo do venres, sábado e domingo teremos moitas mais cousas que podedes ollar no Programa desta Mostra 2012. Todo coa grande cita en mente, a do emotivísimo peche, o domingo, cos Pelos na Lingua de Talía.
Novas relacionadas
- Programa Mostra 2012: O peche de Talía Teatro e a estrea de Carrachanacacha os pratos fortes da última Mostra de Teatro de Cee.
- 2012: A Mostra de Teatro de Cee baixa a persiana aos seus 25 anos.
- Mostra 2011: Talía Teatro puxo o peche a unha nova e abarrotada Mostra de Teatro de Cee.
- Verdades de Louzán sobre a Mostra: 25 anos despois.
- Verdades de Louzán sobre a Mostra: Mercenarios.
- Talía Teatro non ten “Pelos na lingua”.
- Crónica de Palabras encadeadas: éxiTO TOTAL TALía .
- 22 Mostra de Teatro de Cee: Outra nova Mostra do que gusta o teatro na Costa.
- 21 Mostra de Teatro de Cee: Un ano máis de teatro en Cee con Talía.
- Un artigo de Darío Areas: Cee e a súa tradición teatral. <
Outras novas
- Vilamor: De New York a fin do mundo con dous premios.
- Cee, Muros, Zas, Corme e Fisterra proxectarán o filme galego Vilamor.
- A Feira do Libro e a Mostra de Teatro, puntos fortes do programa de verán de Cee.
- Toño Casais, novo Presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).