Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Talía Teatro presenta en Cee "Foucellas", a súa nova obra

Talía Teatro presenta en Cee "Foucellas", a súa nova obra
foucellas talia teatro Que mellor sitio que a casa para presentar unha das últimas produccións. Os compañeiros de Talía Teatro presentan este domingo ás 20 horas na casa da Cultura de Cee a súa última producción: "Foucellas". Un texto escrito e dirixido por Cándido Pazó e que interpretan Toño Casais, Dani Trillo, María Ordóñez e Artur Trillo. Sinopse Ano 1952. Un maquis, un guerrilleiro, un resistente. Un dos últimos homes do monte. Dos que a xente podía chamar, xenericamente, un ‘foucellas’. Mesmo podería ser o Foucellas. Ou non. Ou si. Quen sabe! Firmeza, teimosía, dúbida, certeza, lealdade, inercia, utopía, inxenuidade, rebeldía, resignación, adaptabilidade, determinación... as armas dunha crúa batalla dialéctica nun tempo terminal. Ficción, mito e realidade nunha proposta para pensar un momento histórico... o pulso metafórico sobre un transo co que, privada ou colectivamente, ás veces nos enfrontamos: a xestión da esperanza, a administración da derrota.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios