mércores. 30.04.2025
El tiempo

Os Técnic@s Superiores da Sanidade Pública: “Só levan ninguneándonos 18 anos”

Concentracion dos tecnicos do HVdX
Os Técnic@s Superiores da Sanidade Pública: “Só levan ninguneándonos 18 anos”

Non cesan as mobilizacións polos profesionais da sanidade pública. Hoxe xoves 13 de novembro, unha vintena de profesionais técnicos secundaron, cunha concentración ás portas do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee, unha convocatoria estatal para esixir o recoñecemento das súas titulacións.

”Os técnicos superiores somos os últimos monos, e non nos teñen en conta”, denuncian as profesionais de áreas como Rayos ou Laboratorio, que supoñen arredor do 10% do total da plantilla do Hospital ceense, formada por case 300 persoas. "Sen técnicos superiores non hai diagnóstico. Sen probas non hai diagnóstico", lembran.

”Só nos deben 18 anos de sobresoldo”, sinalan lembrando o acordo firmado en 2007, cando se lle recoñeceron que son títulos superiores, lles subiron como Grupo B, pero cuias retribucións nunca se chegaron a realizar.

As profesionais piden que se recoñeza a nova titulación como Grao, e se é necesario, que se complete con nova formación. I é que en España segregaron en dúas, rebaixando a carga horaria, unha titulación europea, o que provoca unha “devaluación académica e profesional.”

Lembran que levan mobilizándose dende decembro de 2021, sen que o Ministerio dea pasos cara adiante para que “as profesións de TSS teñen un nivel de cualificación comparable aos profesionais da UE e que a súa clasificación profesional está no grupo 6”.

“Solicitamos que o Estatuto Marco nos considere como Profesións Sanitarias Cualificadas e Reguladas de pleno dereito, coa mesma consideración que o resto das profesións situadas no Ensino Superior e NON que sigamos considerando profesións que non sexan de Ensino Superior”, sinalan no comunicado oficial. “E que se nos recoñece un perfil profesional diferente ao das Profesións Sanitarias de Atención e Atención ao Paciente”.

Nova concentración pola seguridade

Este venres 14, ás 12:00h, ás portas do Hospital ceense, o colectivo de sanitarios volve concentrarse no marco da campaña “Stop Agresións na Sanidade”.

Máis novas

 

Comentarios