Terra de Sena arma un Curso de Primeiros Auxilios en Accidentes Domésticos

07:34 18/10/18

A todos nos teñen dado os nosos familiares un susto atragoándose coa comida, ou levando un golpe. E moitas veces non sabemos como reaccionar. Se darlle as típicas palmadas nas costas, soplarlle na cara… E quedamos chafados por non actuar correctamente.
Para estarmos preparados, a Asociación Terra de Sena de Cee prepara para este venres 19 de outubro un Taller de Primeiros Auxilios en Accidentes Domésticos. A cita será de 19:00 a 21:00h na Sala de Conferencias da Casa da Cultura de Cee.