A Casa da Cultura de Cee volveu convertirse nun bosque galego polas Xornadas Micolóxicas
Un ano máis, e xa van 19, as Xornadas Micolóxicas Costa da Morte que artella a Asociación Micolóxico Naturista Pan de Raposo volveron ser un éxito. A Casa da Cultura de Cee convertise, unha vez máis, nun bosque galego en pleno outono, enchéndose (este ano había abundancia) de cogumelos de todas formas e cores.

Ademais, a novidade deste ano foi a saída aberta do venres para apañar cogumelos. A convocatoria resultou un éxito, a pesar das malas predicións meteorolóxicas, e 37 persoas se animaron (tiveron que cortar porque se non se desmadraba) a saír con Andrés Rodríguez e Diego Roget, para apañar especies da zona.
Ese mesmo venres outras dúas persoas saían polos montes costeiros, e outros catro amig@s de Pan de Raposo repartíanse Galicia dende Guitiriz ata Cee, para apañar toda clase de especies. Aló foron José Manuel Castro Marcote, Manolo Pose, Chemi Traba, Roberto Montes, José María Costa, e dous amigos de Asturias, Manuel Ocaña e Juanín, coordinados para non repetirse, e conseguiron apañar máis de 200 especies.
Imaxe da saída enfamilia do venres
Foto da exposición de cogumelos e da exposición de traballos escolares de Rafa Quintáns
”Había moitísma especies, e collemos algo máis de 200 especies, porque non collen máis. Pero como había moita variedade puidemos centrarnos nas especies grandes e vistosas, e collemos cousas moi velenosas ou comestibles”, explica Marcote.
Unha das estrellas foi a de cortinarius praestans, moi rara en Galicia, o único cortinarius comestible de verdade, que ademais chega a 25 cm de diámetro, polo que é moi vistosas. Tamén vistosas eran as cortinariis rubicundulus, cuns tons moraos ben singulares. En todo caso, as famosas phalloides sempre chaman a atención, e houbo unha curiosidade, unha especie moi bonita que vén de Madagascar, que se traslada polos portos de madeira, e que é unha das poucas especies de cogumelos invasiva, pero ao non ser parásita non vai provocar graves consecuencias.
Cortinarius praestans especie moi rara en Galicia que conseguiu Pan de Raposo
A cortinarius rubicundulus na expo-Foto-Rafa Quintáns
A afluencia foi tan positiva coma sempre, se ben o sábado, co gallo da ponte e de Difuntos, si que baixou algo durante a mañá. Pero moita xente, dos que saben algo e dos que non saben nada, acode directamente ás horas das interesantes visitas guiadas pola exposición por Marcote e Manuel Pose Carracedo. Ademais, este ano coas actiividades para cativos, que contaron con dúas persoas pendentes, e a exposición dos traballos escolares, permitiiu que houbese un público máis familiar.
Tamén resultou moi interesante a sesión de microscopio con Chemi Traba. A pantalla na que se olla o que sae do microscopio deixa á xente moi sorprendida polas estrutiras singulares e curiosas que deixan os cogumelos, que non son máis que os aparatos reprodutores do reino funghi.
Tamén as confrencias, na sala de arriba, con Chemi Costa e José Manuel Castro Marcote foron ben recibidas xa por xentes de máis coñecemento.
Ruta gastronómica?
A que de verdade é unha pena que non saia adiante é a ruta gastronómica. A falta de implicación da hostalería, a pesar da vontade da xente de Pan de Raposo e da Asociación de Empresarios ata hai poucos anos, non permite que se artellen unhas boas xornadas gastronómicas dos cogumelos que de seguro, como pasa en toda a comarca, serían de gran relevancia e servirían para dinamizar o sector.
Só o Hotel Larry se apunta á degustación e son moitos os amigos dos cogumelos que pasan a disfrutar as tapas especiais.
Fermosa foto da expo de Rafa Quintáns
NOVAS RELACIONADAS
- Xornadas 2018: “Pois si que tiñan gañas de saír, tanto a xente como os cogumelos”.
- Xornadas 2017: Marcote: “As chuvias chegaron tarde para nós, pero aínda así salvamos os mobles con 130 especies”.
- Xornadas 2016: Cee, Coristanco, Santa Comba e Zas fixeron dos cogumelos os reis do outono.
- Xornadas 2015: Lira, Santa Comba e Ponteceso converten a Costa da Morte na capital da micoloxía.
- 2012: Marcote: “A cultura micolóxica da zona experimentou un gran cambio nos últimos anos”.