mércores. 30.04.2025
El tiempo

Touriñán afía a axenda ceense

Aine-Aquí Tou-Foto3_LD copia
AquíTou
Touriñán afía a axenda ceense

A Axenda de Cee ten varias citas estes días, pero pon o punto de mira na noite do venres 10 de abril, cando reciba a visita do 'Aquí Tou!', o monólogo de Xosé A. Touriñán. A cita ceense será unha das 8 por toda Galicia, ademais de Melide, Madrid, Sanxenxo, Cee, Ourense, O Carballiño, Lugo e Ponteareas, e xa se pode mercar entradas  a través de aquitou.gal, onde tamén está o resto da
información sobre espazos e horarios.

Actividades desta finde

A programación de Primavera Cultural trae unha doble proposta para os vindeiros días. O venres 28 ás 21.00 horas chega "No Controles" unha viaxe emocionante a través dos grandes éxitos musicais dos anos 80 e 90. Un espectáculo divertido e deslumbrante para toda a familia, que custa 14,50 € (anticipada na Biblioteca Municipal) e 18 € o día da función.

E no seguinte día, sábado 29 de marzo ás 19.00 horas, Cee adiantase a celebración do Dia Mundial da concienciación sobre o Autismo (2 de abril) cunha obra moi recomendada para todos os públicos que visibiliza o Trastorno do déficit de atención con hiperactividade (TDAH), Trátase da obra Os Náufragos, de Bulebule, o novo espectáculo para público infantil a partir dos 4 anos. Prezo das entradas: 3 e 5 €

Comentarios