Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Os traballadores uniron as súas loitas sociais polo 1 de maio

Concentracion polo 1 de maio 2021 en Cee
Os traballadores uniron as súas loitas sociais polo 1 de maio

Non faltou a CIG á súa cita do Primeiro de Maio. A central sindical celebrou o Día Internacional da Clase Traballadora con 16 manifestacións e concentracións nas sete cidades e varias vilas do país , entre elas, en Cee.

Bixo o lema “Por unha saída galega xusta da crise”, foron arredor dun cento de persoas (tamén en presenza do BNG) as que se xuntaron, ás 12:00h deste pasado sábado 1 demaio, na Praza 8 de marzo de Cee para lembrar as principais demandas dos traballadores nestes tempos de crise agudizados pola pandemia.

Pancartas e berros xeralistas pola “derrogación das reformas laborais” e “xa é hora de avanzar nos nosos dereitos” uníronse ás demandas concretas de colectivos afectados da nosa comarca como os traballadores de XEAL (con pancartas de “non aos peches dos fornos” ou do sector da limpeza (“non á discriminación na limpeza hospitalaria. Equiparación Xa” e “Por un convenio digno para o sector da limpeza”).

1 de maio en Cee coa CIG

Novas relacionadas

Comentarios