Venres. 26.04.2024
El tiempo

Trinta familias de Cee recollen os seus composteiros caseiros

Trinta familias de Cee recollen os seus composteiros caseiros
Xa falamos fai uns días da doble aposta do Concello de Cee pola sostibilidade que tanto nos gusta en Que Pasa na Costa... Ben, pois rematado o prazo de presentación solicitidudes para participar no programa de Compostaxe Caseira de Sogama, esta tarde as trinta familias seleccionadas recollerán o seu composteiro e, ao mesmo tempo, recibirán a formación pertinente así coma un manual de compostaxe doméstica e de recollida selectiva. A entrega terá lugar ás 17 horas no antigo IES Agra de Raíces de Cee. Os principias obxectivos que se perseguen con este programa é previr a produción de residuos, diminuir a xeración dos mesmos e facilitar a recuperación e a reciclaxe desta materia que, a priori, é desbotamos. Esperamos que moi pronto estas familias nos poidan contar a súa experiencia e fagan unha importante labor de concienciación na súa contorna. Os participantes seleccionáronse por orden de presentación das solicitudes e polo cumprimento dos requisitos do programa, tales como, dispoñer de horta ou xardín na que poder ubicar o composteiro. Outros concellos Neste mesmo programa tamén participan outros concellos da Costa da Morte; tales como  PontecesoCamariñas ou Carballo. A compostaxe doméstica consiste básicamente na reciclaxe da materia orgánica (restos de comida, mondas da froita, borras do café,...) converténdoa nun abono natural con excelentes propiedades e que se pode empregar na propia horta ou xardín en sustitución dos fertilizantes artificiais.

Comentarios