Venres. 29.03.2024
El tiempo

Cee únese á rede de Compostaxe caseira e fomenta o cooperativismo

Cee únese á rede de Compostaxe caseira e fomenta o cooperativismo

Doble aposta do Concello de Cee pola sostibilidade. Neste caso, falamos da adhesión ao Programa de Compostaxe Doméstica de Sogama, no que xa participan outros concellos da volta como Ponteceso, Camariñas ou Carballo.
Pero ademais, esta semana a Rede Eusumo chega ata a vila da Xunqueira para fomentar o cooperativismo.

Compostaxe caseira

Composteiro caseiro en Camarinas

No Concello de Cee vaise seleccionar unha treintena de vivendas unifamiliares que queiran participar no Programa de Compostaxe e dispoñan de horta ou xardín. A compostaxe doméstica é o reciclaxe da materia orgánica en orixe, converténdoa nun abono natural con excelentes propiedades para o chan, en sustitución dos fertilizantes artificiais.

O obxectivo deste programa céntrase en previr a produción de residuos, diminuír a súa xeración e posibilitar a recuperación e a reciclaxe.

Dende a Concellería de Urbanismo e Medio Ambiente do Concello de Cee, a cargo de Isidro Caamaño Trillo, faise un chamamento a todas aquelas persoas interesadas en formar parte deste programa, e que se acheguen a inscribirse nas Oficinas Municipáis, en horario de 09:00 a 13:30 h, a partir do luns 10 de novembro. O prazo permanecerá aberto ata a adxudicación das 30 unidades de compostaxe disponibles.

A selección dos participantes será por orden de presentación e rexistro das solicitudes e sempre e cando cumpran cos requisitos de participación no programa. Os 30 fogares participantes recibirán a información oportuna por parte de persoal do concello que informarán ó respecto e resolverán as dudas que poidan ir xurdindo durante o proceso.

Charla sobre Emprendemento e Cooperativismo

En colaboración coa Rede Eusumo organízase o obradoiro titulado “Emprender Baixo a Fórmula cooperativa”, a través do mesmo preténdese amosar as vantaxes e particularidades da fórmula cooperativa como modelo empresarial máis axeitado para emprender nos momentos actuais.

Este obradoiro, dirixido a persoas desempregadas e persoas que están a buscar unha alternativa de autoemprego, realizarase o mércores 12 de novembro no salón de actos do Concello de Cee. O obradoiro celebrarase en horario de tarde de 16:00h a 19:00h., e serán impartidos de forma práctica e amena, fomentando a interacción dos participantes.

Coñecerase ademáis, a experiencia de éxito das cooperativas Sons da Costa S. Coop. Galega, formada por profesores de música no municipio de Cee e a da Cooperativa de Lira, O Canto da Balea: biólogos mariños con ampla experiencia no sector pesqueiro artesanal galego .

Xa poden inscribirse de balde, ata o 11 de novembro, no Concello de Cee: na oficina de orientación laboral, no e_mail [email protected]  ou chamando ó 981 745 100 ext. 6. Ou tamén en Rede Eusumo, chamando ao telefono 981 55 80 08 ou a facilitando o teu nome, DNI, teléfono e/ou correo electrónico ao enderezo [email protected].

Entregarase diploma de asistencia.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios