Última prazas para o Ciclo de FP de Soldadura e Caldeirería que ofrecen o IES Fernando Blanco e Gerca

Últimos días, e últimas prazas, para matricularse nunha das ofertas formativas con máis saída laboral directa da comarca. Pois segundo as plataformas de emprego e as estatísticas do SEPE, soldadura é unha das profesións máis demandadas actualmente e con boa saída laboral.
No curso 2022/23 impartirase no IES Fernando Blanco, de Cee, o Ciclo Medio de Soldadura e caldeiraría na modalidade Dual completa. Unha formación que se ofrece por primeira vez nun centro educativo público da Costa da Morte.
A entidade colaboradora que acollerá ao alumnado na súa formación na empresa desde o primeiro ano é a vimiancesa Gerca Acero y Metal, SL. Toda persoa que estea interesada en acceder a esta formación, aínda pode presentar a súa solicitude, xunto co seu currículo en formato Europass na secretaría do IES Fernando Blanco de Cee.
Máis novas sobre o FP
- Gerca une forzas co IES Fernando Blanco para ofrecer un novo FP de Soldadura e Caldeiraría,
- A lista de FP que ofrece o IES Fernando Blanco.
- As novidades da oferta de FP dos IES da Costa da Morte.
- A Cámara de Comercio fomenta o emprendemento “próximo, positivo e real” nos centros de FP d
- O IES Fernando Blanco conta con 55.000€ para dotar tecnoloxicamente as aulas do seu FP.