Venres. 26.04.2024
El tiempo

Últimas prazas para o curso de creación e xestión de microempresas en Acerta

Acerta Formacion Cee
Últimas prazas para o curso de creación e xestión de microempresas en Acerta

O vindeiro luns 28 de novembro arrinca un novo Curso de Creación e Xestión de Microempresas en Acerta Formación. E aínda quedan 5 prazas dispoñibles, que poden ser ocupadas por desempregados ou por traballadores.

O Curso rematará o 9 de maio, e ten un horario de 15:30 a 20:30h, coa idea de abrirte as portas para ser un profesional autónomo, ou poder atopar traballo xestorías e asesorías, ou como persoal administrativo en empresas.

É totalmente gratuíto, con posibilidade de obtención de axudas, e podes inscribirte no mesmo centro (Lg. Raíces de abaixo, 6, baixo. Cee, en fronte ao IES Agra de Raíces), a través do correo [email protected] ou chamando ao 981 10 60 60.

Curso Acerta

Novas relacionadas

Comentarios