Últimas prazas para o novo curso de Atención Sociosanitaria para desempregados en Cee

07:55 08/11/24
Despois de facer o primeiro proceso de selección selección, aínda quedan prazas libres para o novo curso de formación para desempregados que vai impartir a partir deste 11 de novembro Acerta Formación en Cee.
Un Curso de Atención Sociosanitaria a persoas no domicillo que ten unha saída laboral máis que asegurada. “Despois de moitos anos impartindo esta formación estamos en condicións de asegurar que as posibilidades de atopar emprego ao rematar son altísimas”, aseguran dende o centro ceense.