![]()
O vindeiro xoves, día 15, terá lugar no centro social de Cee unha charla informativa sobre o uso de móbiles. Esta actividade, organizada polo concello de Cee e a fundación Vodafone, está dirixida a
maiores de 50 anos.
Durante a charla mostraranse as diferentes posibilidades que ofrecen os móbiles, como empregalos, para que poden servir e que aplicación se poden usar segundo os gustos e preferencias de cada quen. Os participantes deberán levar o seu teléfono móbil dende o cal poda acceder a Internet.
Haberá tres grupos en distintos horarios. Un grupo de 10 a 12 hora, outro de 16 a 18 horas e outro de 18 a 20 horas. Tan só quedan prazas dispoñibles para o último turno. A charla impartirase no centro social de Cee situado na rúa Rosalía de Castro.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Cee