Un adeus esperado e divertido ao Hospital de Cee

Este pasado venres tivo lugar no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee unha despedida. Nada menos que 33 traballadores cambian de lugar de traballo e deixarán, a partir deste mes de xaneiro, o centro ceense. Trátase de 16 enfermeras, 12 auxiliares, 3 técnicos e 2 fisoterapeutas que marchan a outros centros do país. Para cubrir as prazas a Xunta saca xa novas prazas.
Para que a sesión non fose moi triste (malia que as traballadoras foron as que solicitaron o cambio de ubicación) estaban os paiasos de Los 7 Magníficos + 1, que xa sacaran centos de gargalladas no Festiclown por Palestina.
Esta marcha simboliza un dos sinos do hospital ceense. Boa parte do plantel do centro non se acaba de acomstumar á vida na Costa da Morte e as idas e vidas pola complicada estrada á Coruña, a Santiago ou a outros puntos do país é continua.
Novas relacionadas
- Cee solidarizouse con Palestina a base de gargalladas.
- As listas de espera cirúrxica do HVdX xa nunca pasan dos 4 meses .
- As Verdades como puños de José Luis Louzán: Tabaquismo.
- Nocións Micolóxicas con José Marcote: Coas cousas de morrer non se xoga.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- La Voz de Galicia.
- Fotografía de Marcos Rodríguez.