Un conductor dá positivo na proba de drogas cando conducía un bus en Cee con 35 escolares
21:27 06/06/16
A DXT realizará esta semana máis de 25000 probas diarias de alcohol e drogas en todo o territorio nacional. Imaxe de arquivo DXT
O conductor dun bus escolar de Cee - de 33 anos de idade e que responde ás iniciais A.F.C. - dou positivo en cocaína nun control da Garda Civil. Ao parecer, no autobús viaxaban 35 nenos e nenas, de entre seis e doce anos de idade, do colexio Euxenio López de Cee cando regresaban aos seus fogares despois da a xornada escolar.
Segundo informa hoxe a Garda Civil nun comunicado, o bus foi inmobilizado. Este control enmárcarse dentro dunha operación especial posta en marcha hoxe ata o vindeiro domingo, 12 de xuño, de vixiancia e concienciación sobre o risco do consumo de sustancias psicoactivas e a conducción.
Durante toda a semana, axentes da DXT - Dirección Xeral de Tráfico - intensificarán os controis con diferentes puntos en todo tipo de estradas e a calquera hora do día. En total, está previsto que realicen máis de 25.ooo porbas diarias de alcoholemia e drogas en todo o territorio nacional.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Garda Civil