Venres. 29.03.2024
El tiempo

Un estoupido de cultura para a Costa da Morte

Un estoupido de cultura para a Costa da Morte
Fachada nocturna de Stoupa en Cee-Costa da Morte Nace en Cee Stoupa, un novo proxecto que intenta agrupar ao sector turístico e cultural da Costa da Morte. Un espazo no que terán cabida pintura, escultura, literatura, artesanía, productos autóctonos e todo tipo de servizos turísticos (alugueres, deportes, actividades de risco...) Grazas á participación de máis de corenta colaboradores do mundo da artesanía, das belas artes e do sector turístico, nace en Cee un novo proxecto cuxo obxectivo primordial é servir como un escaparate á cultura e ao turismo da Costa da Morte, promovendo Fisterra como a Fin do Camiño. Tras o mes de xullo de posta a punto, en agosto bota a andar esta iniciativa, que conta con unha serie de variantes ben diferenciadas. Stoupa funcionará como un espazo no que os artistas e artesáns da contorna poderán expoñer a súa obra de xeito totalmente gratuito. Deste xeito, e durante todo o ano, os visitantes poderán gozar de obra 100% Costa da Morte. Como exposición inaugural contan cos lenzos da pintora Marinna Mouzo e cas pezas do ceramista Nano Unzueta. Por outra banda, e dado que moitos dos autores da Costa da Morte non logran vender as súas creacións neste territorio por carecer dun espazo onde distribuílas, Stoupa comercializará estas obras a través da súa páxina web. Deste xeito, poderase facer visible o gran traballo e a gran calidade dos creadores locais; moitas veces invisibles debido á carencia dun espazo aglutinador no que acollerse. Tamén terá cabida para o sector turístico, organizando e agrupando as distintas actividades lúdicas e deportivas que empresas da comarca ofertan ao público: clases de vela ou de surf, travesías en kayak, paseos en barco pola Ría de Fisterra, deportes de risco ou buceo, entre outras moitas. O aloxamento será tamén un punto clave deste novo proxecto; un aspecto que estará en funcionamento proximamente. Como parte do seu programa de lanzamento Stoupa organiza a noite do 15 de agosto, en colaboración con Cruceros Fisterra, unha ruta nocturna en barco pola Ría de Corcubión para rematar por avistar a sesión de fogos de artificio das Festas da Xunqueira. Exposición de Stoupa en Cee Fonte Redacción de QPC ([email protected])

Comentarios