![Irene Ramon co seu traballo Que e o rei para ti]()
Irene Ramon co seu traballo gañador da fase autonómica do certame nacional "Que é o rei para ti"
Xa
en 2014 unha pequena ceesa coñeceu ao mesmísimo Felipe de Borbón. Foi a través do certame nacional de debuxo ‘Que é un rei para ti?’ Un concurso no que este ano volveremos ter presencia. Falamos de Irene Ramón Fernández, alumna de 6º de Primaria do CPR Plurilingüe Manuela Rial Mouzo que representará a Galicia na 37ª edición deste certame.
O traballo de Irene foi escolido entre os 1986 traballos e 115 centros participantes, e está exposto estes días no Gaiás, cos 40 traballos finalistas da fase autonómica. Entre eles estaban tamén outras tres finalistas que procedían do Manuela Rial Mouzo: Claudia Castro Rodríguez, Tatiana Marcote Rodríguez e Paula Romero Ramos.
Todos eles amosan, mediante a imaxinación, a creatividade, o talento, e o esforzo precisos, a súa visión particular e persoal do que representa o monarca.
Na súa condición de gañadora da fase autonómica do concurso, Irene Ramón Fernández asistirá a unha audiencia co rei Felipe VI, e realizará unha visita ao Palacio Real de Madrid.
O certame, organizado pola Fundación Institucional Española (FIES), baixo o patrocinio da fundación Orange, pretende fomentar nos escolares de 8 a 13 anos unha primeira toma de contacto coa figura do xefe do Estado, coa historia da Coroa e o seu papel na sociedade actual.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/un-debuxo-dende-cee-para-o-rei/