Unha campaña de recollida de Medicamentos para Palestina
Xa hai tempo que a Costa da Morte mantén unha relación especial con Palestina. A presencia de Mohamed Safa durante tantos anos fíxonos sentir este conflito máis cercano que moitos outros, e sempre a Costa estivo apoiando a causa. E nos tempos que corren, coa tregua recén acadada despois dun mes de ofensiva, cómpre arrimar o hombreiro.
Así, o BNG Costa da Morte incian unha campaña de recollida de Medicamentos destinada á poboación Palestiniana que estivo a sufrir o asedio do exército israelí, e que padece feridas de guerra nunha situación de emerxencia na que se necesitan medicamentos e persoal sanitario para atender aos máis de dez mil feridos provocados pola agresión do exército sionista.
A campaña, en colaboración coa asociación galaico-árabe Yenin-Comunidade Palestina e a Fundación Araguaney, pretende recoller analxésicos, antiinflamatorios, antibióticos, betadine, pomadas para queimaduras, apósitos, vendas, gasas, luvas, material de sutura, protésico, etc...; e paliar así a falta deste material nos hospitais palestinianos, tan afectados polos bombardeos sionistas.
A campaña prolongárase até o 10 de setembro.
Os puntos de recollida son:
- Cee: local da CIG, O Son, ao lado da estrada a Fisterra en horario de 5 a 9 da tarde.
- Corcubión: Casa do Concello.
- Muxía: Centro de Saúde.
- Fisterra: Local de O Peixeiro, praza da constitución, 7. Calquera día a partires das 7 da tarde, e os luns, xoves e domingos todo o día.
Novas relacionadas
- 11-07-14: Apoiando ó pobo palestino.
- 16-05-13: Ata Cee celebrou o Día da Nakba por Palestina.
- As Bondades da Fala con Mohamed Safa: “Algún día poderei dicir que son palestino e libre ao mesmo tempo”.
- Mohamed Safa: “O pobo árabe ten fame, pero de dignidade”.
- A Costa da Morte tamén garda un minuto de silencio por Gaza.
- Vivindo a ocupación en primeira persoa.
- Leo Bassi e Pallasos en Rebeldía rompen o muro da desinformación en Corcubión.
- 2010: Conferencia de Ghaleb Jaber e Mohamed Safa: “Os palestinos non falamos dun problema ideolóxico, senón de ocupación”.
- 2009: Entrevista con Mohamed Safa: Mohamed Safa: “O conflito precisa un cambio radical na posición internacional”.
Fonte
- BNG Costa da Morte.