Unha de teatro e de mercado solidario da veciñanza de Cee
08:05 06/06/18
Escola de Teatro de Cee na súa estrea
Días movidos na sociedade ceesa. Esta pasada fin de semana, a Escola Municipal de Teatro presentaba na Casa da Cultura a súa nova obra, “Un alto no camiño”, versionada e dirixida por Artur Trillo. Como soe acontecer nestas ocasións nas que os grandes protagonistas son os proipios veciños, o auditorio Baldomero Cores lucía un aspecto inmellorable, cun cheo case total.
O público pasouno xenial nesta onra inspirada na novela o Bosque Animado de W, Fernández Flórez. O elenco estivo conformado por J. Tomás Arias, Nerea Castiñeira, Belén Lema Conde, Leticia Domínguez, Pablo García Vigo, María José Traba, Yolanda García Leal, Dana Rodríguez Lado, Ana Riveiro, Carmen Lago, Tito Rodríguez, Serxio Domínguez, Lucía Blanco, Rosa González Martínez, Iván Rodríguez e Belén Lado Outes.