Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Unha fin de semana romántica á vela na ría de Corcubión

Unha fin de semana romántica á vela na ría de Corcubión

A oferta turística para esta fin de semana dos namorados preséntase moi interesante na Costa da Morte. Unha das propostas máis singulares é a que nos envía María Alcalde, a responsable dunha nova empresa de actividades turísticas na zona. Chámase "Lecer Activo", e dende a comarca de Fisterra tratará de achegar a fin do mundo a toda a península.

De feito, unha das primeiras propostas de "Lecer Activo" chega da man de dúas das máis activas empresas da zona, como son o Hotel Insua é Cataventos Escola de Vela. Moi positiva esta cooperación empresarial para a bisbarra pois mellora a nosa oferta turística a todos os niveis e o nivel de atención ao visitante. E para comezar nesta nova cooperación, comezamos polo día dos namorados por esta terra cargada de romanticismo e de lendas misteriosas.

A oferta, válida do 11 ao 14 de febreiro, inclúe un paseo en parella nun romántico veleiro que combina a velocidade dun veleiro de regata coa comodidade dun cruceiro. A cea corre a cargo do Hotel Insua, aosí como a encantadora habitación do hotel ceense.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de María Alcalde, de Lecer Activo.

Comentarios