Domingo. 25.08.2019
El tiempo

Unha nova Axencia para viaxar á Costa da Morte

Unha nova Axencia para viaxar á Costa da Morte
Nova oficina de Travels to Finisterre

Nace este mes de setembro a nova axencia de viaxes Travels to Finisterre. Unha axencia receptiva, é dicir, que focalizará a súa actividade en traballar fóra para traer xente á Costa da Morte, ofrecendo tamén servizos ao veciño da bisbarra para artellar viaxes por todo o mundo.

Nace na Avda. Fisterra, ou xa case que podemos chamar “Rúa Insua”, pois a axencia está escoltada polo Hotel Insua e polo Albergue Camiño das Estrelas, tamén do grupo. Unha das empresas máis comprometidas co desenvolvemento turístico da zona, unha das empresas máis profesionalizadas do sector, que demostra que se pode manter un hotel con máis de 20 traballadores funcionando todo o ano.

Un paso máis o que aporta o Grupo Insua á zona con esta axencia, que nace da colaboración destes “Especialistas en Costa da Morte” coa empresa Discover Galicia by your way, especializada en excursións pola nosa bisbarra.

Unha Axencia especializada no Camiño de Santiago, e sempre atenta a apoiar iniciativas como o Camiño dos Faros.

Punto de Información Turístico

Xa está aberta ao público dende onte, 1 de setembro, e funciona como Punto de Información Turístico privado, unha necesidade na orfa vila de Cee. Mágoa que teñan que ser empresas privadas as que fagan un traballo que deberían facer as administracións, pero en todo caso, moi agradecidos porque tomen o relevo.

Serve ademais de oficina de apoio ao peregrino, algo fundamental nunha vila onde centos de peregrinos se perden día tras día.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios